miércoles, 4 de noviembre de 2015

COMUNICADO OFICIAL DE LA JUNTA DE COFRADÍAS DE LA SEMANA SANTA DE SANTIAGO DE COMPOSTELA.

COMUNICADO DA XUNTA DE CONFRARÍAS DE SEMANA SANTA DE SANTIAGO DE COMPOSTELA


Santiago de Compostela, 4 de novembro de 2015.- Onte diversos membros da Comisión Permanente da Xunta de Confrarías de Semana Santa, fomos recibidos no Concello de Santiago polo Alcalde, o Sr. D. Martiño Noriega Sánchez. Este encontro transcorreu nun clima de cordialidade absoluta

En relación aos temas tratados, destacamos ocompromiso de total colaboración do Concello, cos medios dos que dispón, para acelebración dos 17 actos procesionais que se celebran polas rúas da cidade (tal e como viña sucedendo ano tras ano), achegando os medios loxísticos e de seguridade da Policía Local. Tamén se nos informou do visto bo para que a Banda Municipal de Música acuda a algúns dos desfiles procesionais, así como ao concerto inaugural da Semana Santa, que organizamos desde a Xunta de Confrarías.

Neste encontro tamén se nos comunicou que non haberá subvención nominativa para a Xunta de Confrarías. Pola nosa banda, explicámoslle ao Sr. Alcalde que ata o día de hoxe, nunca houbo unha subvención nominativa para a Xunta de Confrarías, e que o único que había era un acordo para a edición e impresión tanto do cartel como da programación de Semana Santa, cuxos gastos corrían por parte do Concello directamente, xa que devandito importe era transferido directamente polo Concello ás empresas encargadas da súa elaboración. Desde a Xunta de Confrarías entendiamos que era un acordo de promoción turística da cidade.

Ambas partes quedamos en seguir mantendo contactos nas próximas semanas, co fin de ver en que forma, o Concello pode axudar á Xunta de Confrarías na proxección, promoción e difusión da Semana Santa.

Nova directiva
Na reunión do Pleno da Xunta de Confrarías do pasado 16 de xuño procedeuse ao nomeamento dos novos cargos do Pleno e Comisión Permanente, de acordo ao que estipulan as Constitucións da Xunta de Confrarías de Semana Santa de Santiago de Compostela.
A nova directiva da Xunta de Confrarías de Semana Santa de Santiago de Compostela quedou conformada do seguinte xeito:

-      Presidente: D. Antonio Llovo Guillán. (Representante da Confraría do Noso Pai Xesús Flaxelado).

-      Vicepresidente: D. Jorge García Antuña. (Representante da Confraría do Santísimo Cristo da Unción e Nosa Señora da Serenidade).

-      Secretario: D. Juan Carlos Banzas González. (Representante da Irmandade dos Estudantes de Santiago de Compostela. Confraría do Santísimo Cristo da Misericordia, Noso Pai Xesús da Esperanza e Nosa Señora dos Remedios.

-      Tesoureira: Dª. Lorena Viaño García (Representante da Confraría da Esperanza).

-       Consiliario: M.I. Sr. D. Elisardo Temperán Villaverde. Membro do Cabildo daCatedral de Santiago, Prefecto de Cerimonias. Chanceler Secretario do Arcebispado de Santiago de Compostela.